Os días 10 e 11 de Outubro tes unha cita con Bandua Wargames. Ven a pasar dúas tardes de xogo na inauguración do noso novo local na Ronda Da Muralla 110, con demostracións de xogos, partidas, pintura e moito máis!
Síii… tamén vai haber comida e bebida para os máis lambóns… 😉
Ademáis, todo o mes de Outubro estará cargado de actividades que iremos publicando ao largo do mes, torneos, noites de xogo, cursos de pintura… ¡As mellores actividades de ocio alternativo están no novo local de Bandua Wargames!
E para que vexades que imos en serio. Todas as compras realizadas físicamente na nova tenda a partires do día 10, terán un ¡desconto do 5%! adicional aos descontos xa establecidos. ¡Non o dubides máis e reserva os días 10 e 11 de Outubro para pasarte pola nosa nova tenda!
Tamén queremos agradecervos a todos vos, clientes, amigos e demáis fauna, a vosa axuda prestada durante todo este tempo. Tamén como non, aos Parroquianos que tanto nos axudasteis na ardua tarefa de mudanza e colocación do novo local! A todos vos, mil gracias! Esto non sería posible sen ningún de vos!
¡Esperámosvos a todos!