Vie. Nov 14th, 2025

Actividades

Vas a quedar por Lugo todo o verán? Non sabes qué facer para pasar as tardes de calor abafante? Achégate pola nosa tenda na Ronda da Muralla 110, e pasa unha tarde aprendendo a xogar aos wargames, e xogos de mesa máis divertos no mellor ambiente e compaña.
@banduaw #actividadesbandua #actividadesdeveran

Durante todo o verán, teremos actividades diarias todas as semanas, a partires das 17:00h. Pintura, demostracións, partidas explicativas, torneos…

– Luns: Mesa aberta de pintura.
A nosa mesa de pintura estará á vosa disposición, podedes vir, e traer as vosas minis para pintar con nos, mentres vos aconsellamos en vos axudamos, ensinándovos novas técnicas ou aconsellándovos en todo o que poidamos.

11108950_872737019486432_3840584346543132229_n

– Martes: Demos/Partidas explicativas de Warhammer Fantasy.
Coa chegada da nova edición de Warhammer Fantasy, sabemos que moitos imos necesitar máis de unha partida para comezar a xogar ao wargame de Fantasía por excelencia. Todos os Martes atoparedes unha mesa dispoñible e lista para aprender a xogar a Warhammer Fantasy, xa sexa xogando unha demo con nós, onde che explicaremos a mecánica paso a paso, ou asistindo a unha partida explicativa entre os veteranos do xogo, onde che resolveremos todalas túas dudas, e vos ensinaremos os entresixos da partida.

10636511_736797153080420_6394330058872875287_o

– Mércores: Demos/Partidas explicativas de Warhammer 40K.
Aprende a xogar a éste wargame de Sci-Fi gótico, en en estes momentos vive o seu momento álxido, con un sistema de xogo trepidante, e máis actualizacións que nunca. Igual que con warhammer Fantasy, os Mércores teredes demos de Warhammer 40K para os que vos animedes a xogar, ou partidas explicativas se só queredes ver o xogo dende fora.

11026326_832606733499461_2459513174394405275_n

– Xoves: Demos/Partidas explicativas de Infinity.
O wargames de escaramuzas Sci-Fi con denominación de orixe galega é a última sensación en todo o mundo, con un sistema de torneos ben organizado, e algunhas das mellores miniaturas nunca vistas para wargames. Todos os xoves poderás asistir tanto a demos, como partidas explicativas deste gran xogo de miniaturas.

11046573_823506027742865_1200943506589859874_o

– Venres: Outros xogos.
Todos os venres pola tarde teremos partidas e demos de xogos menos coñecidos, tanto de miniaturas como cartas ou xogos de mesa. Dropzone Commander, Dice Master, Pathfinder…

11038280_827428317350636_4831682612176399010_o

– Sábados: Torneos.
Os Sábados, como ven sendo habitual, celebramos torneos de diferentes xogos. 40K, Fantasy, Warmachine, X Wing… Como xa imos facendo habitualmente, publicaremos todos os meses un calendario de torneos a principios de cada mes para que seipades de primeira man a qué torneo podedes acudir, así como todas as bases e a forma de participar. A mellor forma de poñer a proba as túas habilidades, sempre é un bó torneo!

996132_869133799846754_1359361965965846160_n

11046441_827428374017297_6391646994460771949_o

11350575_873127019447432_284995113439643502_n

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *