O teléfono de información de actividades do Concello de Lugo, 010 Lugo, trae un ano máis un montón de actividades de Nadal para os máis pequenos, (e os non tan pequenos) tales como Panxoliñas, espectáculos de maxia e teatro, obradoiros… E este ano, Bandua Wargames colabora con 010 Lugo para traervos novas actividades navideñas.
O día 27/12/2015, na carpa situada na Praza Anxo Fernández Gómez, detrás do Concello de Lugo, de 12:00 a 14:00, e de 17:00 a 20:00 poderás desfrutar de cursos de pintura para os máis pequenos, exposicións, partidas de iniciación e demostración a xogos de mesa de wargames do máis variados. Unha gran actividade para desfrutar en compaña de nenos e pais.
Apúntate chamando ao 010, ou achégate a coñecernos a nosa tenda de Ronda Da Muralla 110 baixo. Esperámoste!
@BanduaW @010Lugo #ActividadesBandua @ActividadesNadal